Orden CIN/1062/2020,de 6 noviembre, por la que se da cumplimiento a la disposición adicional duodécima en materia de apoyo financiero a las actuaciones en parques científicos y tecnológicos .
A orde ten por obxecto regular as condicións, contías, modalidades de garantías, e o procedemento para o refinanciamento das cotas debidas, con vencemento anterior a 2020, de préstamos concedidos, desde 2000, a entidades promotoras de parques científicos e tecnolóxicos polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
BOE Nº301 do 16/11/2020
Poderán ser beneficiarias as entidades promotoras, públicas e privadas, de parques científicos e tecnolóxicos, que, á súa vez, sexan titulares dos préstamos derivados das axudas ás que se refire o artigo 6.1.a), na medida en que a súa condición de entidade promotora fose determinante para a concesión da axuda.
Enténdese por entidade promotora dun parque científico e tecnolóxico aquela entidade, con personalidade xurídica propia, que xestione actualmente ou que no momento da concesión do préstamo xestionase ou promovese o parque.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios da moratoria as entidades que non fosen as promotoras no momento da concesión dos préstamos referidos no apartado anterior, cando se subrogaron no lugar da entidade promotora orixinaria en virtude dun cambio de titularidade
A utilización dos medios electrónicos establecidos nesta orde será obrigatoria tanto para a notificación ou publicación dos actos administrativos que se diten como para a presentación por parte dos interesados de solicitudes, escritos e comunicacións, que deberán achegarse en formato PDF e cun tamaño máximo de 4 MB
As solicitudes presentaranse polas entidades promotoras dos parques científicos e tecnolóxicos, exclusivamente a través da aplicación accesible na sede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación, no prazo comprendido entre o día 17 de novembro e o día 15 de decembro de 2020, ambos inclusive.