• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Abierta la convocatoria " De la Granja a la Mesa " del Pacto verde europeo

A Comisión Europea ha posto en marcha unha convocatoria co obxectivo de dar apoio a aquelas propostas que apoien o despregamento e ampliación das innovacións que contribúan aos obxectivos da estratexia “Da Granxa á Mesa” do Pacto Verde europeo ( topic LC- GD-6-1-2020).

“Da Granxa á Mesa” ten como obxectivo abordar os desafíos e acelerar a transición cara a sistemas alimentarios sostibles, para garantir que as bases económicas, sociais e ambientais da seguridade alimentaria e nutricional non se vexan comprometidas para as xeracións actuais e futuras. Require e baséase en solucións innovadoras que poidan escalarse, como prácticas agroecológicas e orgánicas, fontes alternativas de proteínas (por exemplo, de orixe vexetal, oceánico, de insectos, etc.), alimentos sostibles dos océanos e acuicultura e asesoramento personalizado en materia de dietas saudables sostibles. Unha serie de actividades apoiarán o despregamento e a ampliación das innovacións que contribúen aos obxectivos da estratexia “Da Granxa á Mesa”. As propostas probarán, pilotarán e demostrarán solucións sistémicas innovadoras ( TRL 5-7) para un do seguintes seis temas ( sub- topics), correspondentes aos desafíos urxentes dos sistemas alimentarios A data límite para presentar propostas a esta convocatoria é o 26 de xaneiro de 2021.