COOP-HOUSING: Un novo xeito de habitar
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
COOP-HOUSING: UN NOVO XEITO DE HABITAR
Data: 22 de outubro
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop ou da aplicación de zoom
Duración: 4 horas
Destinatarios: diversos colectivos e persoas en xeral como organizacións de economía social e cooperativa; profesionais do ámbitos da construcción, arquitectura, residencias, traballo social, consultoría de proxectos, etc; usuarias ou potenciais usuarias de residencias de maiores e outras posibles persoas destinatarias.
Obxectivos:
- Difundir o modelo cooperativo como alternativa habitacional e expandir o coñecemento do cohousing en versión cooperativa enfocado para persoas maiores.
- Coñecer o modelo cooperativo habitacional e a visión de profesionais.
- Reflexionar sobre os elementos claves do modelo.
- Compartir e coñecer experiencias reais e boas prácticas.
- Aportar ferramentas de financiamento e aspectos útiles para poñer en marcha proxectos de vivenda cooperativa.
Programa formativo:
9:45 - 10:00 h: Recepción de participantes na plataforma virtual
10:00 - 10:15 h: Presentación e inauguración da Xornada
10:15 - 11:00 h: Solucións habitacionais para o envellecemento activo. Vivendas colaborativas ou cohousing
11:00 - 12:30 h: Mesa de Experiencias
- Jaime Moreno da cooperativa Trabensol, Cohousing senior de base cooperativa
- María Jesús Zabaleta da cooperativa GSR, Xestión de Servizos Residenciais. Xestión de residencias, centros de día e vivendas tuteladas
- Sonia Jalda do Colectivo de Traballadoras de Residencias de Galicia
12:30 - 13:30 h: Financiamento cooperativo para proxectos de Cohousing: Fiare Banca Ética e Coop57
13.30 -14.00 h: Oportunidades e retos do Coop-Housing
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en tino@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop