• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso online " Construíndo Relacións Universidade-Empresa "

A Axencia Galega de Innovación ( GAIN) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié organiza o curso “Construíndo Relaciones Universidade-Empresa” do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Esta certificación emitida por ATTP é o estándar internacional para acreditar a competencia e a experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade acreditadora.


O curso “Construíndo Relaciones Universidade-Empresa”, celebrarase desde o día 19 ata o día 23 de outubro de 2020, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo Covid-19. Pode consultar toda a información do programa pulsando nesta ligazón. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón.

O prazo de inscrición finaliza o día 15 de outubro ás 20:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000.