Concurso de Ideas e Proxectos SPIN UP
No marco do proxecto Spin_Up, UNINOVA organiza un concurso de ideas e proxectos que identifiquen necesidades de innovación e dean solución a posibles retos existentes na actualidade tanto no sector industrial como na investigación.
O prazo de inscrición é ata o 15 de outubro
O concurso está focalizado no desenvolvemento de propostas emprendedoras que dean solución a problemas existentes ou a novas necesidades relacionadas coas seguintes áreas produtivas:
- Agro-bio, industria alimentaria
- Industria da transformación 4.0
- Industria creativa; TIC; turismo
- Saúde-Envellecemento activo
O concurso vai dirixido a toda a comunidade universitaria galega; é dicir, persoas ligadas á USC, UVigo e UDC con ideas innovadoras que poidan ofrecer solucións novidosas ás necesidades da industria do tecido empresarial da área de Santiago de Compostela:
- Grupos de Investigación e Persoal Docente e Investigador (PDI)
- Estudantes: alumnos que se atopen realizando estudos de grao, doutoramento e alumnos de Máster.
- Empresas vinculadas á universidade.
Por outra banda, o concurso tamén está aberto a aquelas persoas que non teñan ideas ou proxectos pero que estean interesadas en participar ou colaborar, mediante os seus coñecementos ou experiencia, no desenvolvemento dalgún dos proxectos seleccionados (sempre que o promotor da idea así o manifeste na súa candidatura). Estas persoas deberán completar o formulario que aparece na web indicando as súas competencias.
A través do Concurso de Ideas e Proxectos Spin_UP pódese optar a un proceso de aceleración para a creación dunha StartUp ou SpinOff, o cal consiste en:
- Análise de viabilidade técnica e económica
- Elaboración do Modelo de Negocio e Plan de Empresa
- Mentor para asesoramento
- Asesoramento en propiedade intelectual e industrial
- Asistencia a foros de investimento
Todo isto e máis está valorado en 4.500 euros.