Ampliación de prazo axudas para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das personas retornadas e os seus descendentes
Ampliase ata o 30 de outubro de 2020, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
As axudas teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.