Axudas para o programa Fábrica do futuro
Os proxectos, que poderán ser individuais ou en colaboración entre empresas ou con organismos de investigación galegos, deben ter unha duración mínima de tres anualidades, ser desenvolvidos en Galicia, facer un uso intensivo de tecnoloxías facilitadoras para obter produtos e procesos de alto valor engadido, en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, e contar cun efecto tractor e incentivador do investimento público sobre os sectores estratéxicos galegos.
Desde a súa posta en marcha en 2016, xa se concederon preto de 52 millóns de euros a 15 proxectos de 26 empresas e 4 centros tecnolóxicos que mobilizaron 218 millóns de euros en sectores como a automoción, as TIC, o naval, o alimentario, o forestal e a lousa.
A intensidade da axuda oscilará entre un 15 e un 80% segundo o tipo de proxecto e empresa.