• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos

Entidades beneficiarias:

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que realicen unha programación cultural que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

As bases regulan as axudas para cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais con motivo do Xacobeo 21.

Concederase unha dotación económica para a contratación de programacións de artes escénicas en musicais do ano 2020 con motivo do Xacobeo 21 que suporá, como máximo:

  • 4.800 euros en concellos de máis de 20.000 habitantes, que corresponderían ao 60 % do caché de cada actividade programada.
  • 4.000 euros en concellos de menos de 20.000 habitantes, que corresponderían ao 80 % do caché de cada actividade programada.
  • No suposto de solicitudes conxuntas, aplicaranse as cantidades anteriores a cada membro da agrupación en función do seu número de habitantes.