Axudas a proxectos de investigación sanitaria translacional
Entidades beneficiarias
Serán beneficiarios os institutos de investigación sanitaria de Galicia, que poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través das súas entidades de xestión, de acordo co disposto no artigo 4.c) do Real decreto 279/2016, do 24 de xuño, sobre acreditación de institutos de investigación biomédica ou sanitaria.
A través destes institutos poderá presentar proxectos de investigación calquera profesional sanitario, investigador ou grupo de investigación vinculado ao Sistema público de saúde de Galicia na súa respectiva área sanitaria.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria extraordinaria das axudas do programa Translaciona COVID 19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, convocatoria que ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente traslacional, co financiamento de proxectos, iniciativas ou ideas xurdidas dentro do Sistema público de saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria, orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade COVID-19.
A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado, cun límite máximo por proxecto de investigación de cen mil euros (100.000,00 €)