Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos
Á parálise e incerteza do sector turístico, únense os necesarios investimentos que han de realizar para reabrir cumprindo os protocolos hixiénico sanitarios establecidos para a «nova normalidade». Neste escenario, no que se producirá unha caída sen precedentes do turismo internacional, o Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos pretende contribuír a que a recuperación sexa máis responsable e sostible.
Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.
Artigo 10. Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos
Créase o instrumento denominado «Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos», para a prestación, por parte da Secretaría de Estado de Turismo, de apoio ao investimento en actuacións de impulso, adecuación e mellora dos destinos turísticos co fin de aumentar a súa sustentabilidade.
Pola Conferencia Sectorial de Turismo aprobarase un Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos.
Para a execución do Programa de Plans de Sustentabilidade Turística, anualmente, a Conferencia Sectorial de Turismo aprobará as propostas de plans de sustentabilidade turística presentadas polas entidades locais, que mellor cumpran os criterios de selección establecidos no Programa, e nos que se conterá a designación dos destinos obxecto de actuación.