Aceleradora especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao coronavirus Connect-19
A iniciativa Connect-19 está dirixida a pemes galegas innovadoras ou de base tecnolóxica pertencentes a calquera sector. As candidatas teñen que contar cun produto ou servizo innovador, que poida contribuír a reducir o impacto producido pola pandemia pola covid-19, de comercialización inmediata ou que se atope xa no mercado pero que precise un pulo para o seu posicionamento.
oderán participar ata 20 pemes, que recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica e potenciarán a súa capacidade de captación de financiamento, seguindo unha folla de ruta personalizada enfocada ao fortalecemento do seu acceso ao mercado. Entre outros aspectos, as pemes participantes recibirán apoio para obter acreditacións de innovación e certificacións referentes ás normas e directivas sanitarias, así como para avanzar na súa comercialización e internacionalización, identificando novos mercados potenciais, e para a captación de socios investidores.