Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia
Entidades beneficiarias:
As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas só para os efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos puntos 3.1.1.f) e 3.1.2.f) do artigo 1 e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización e revitalización dos Actuacións subvencionables:
Centros comerciais abertos.
Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos; en concreto, considéranse actuacións subvencionables:
a) A creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, mediante a posta en marcha de market place ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e a mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto.
b) A posta en marcha e mantemento de sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio dos comercios asociados.
c) Dinamización comercial. Campañas de dinamización comercial e publicidade dirixidas á dinamización das vendas e á fidelización de clientes. Así mesmo, considéranse subvencionables os servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais ou de community manager e outras actuacións de márketing dixital orientadas a promocionar as vendas.
d) Os gastos imputables ás unidades xerenciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1.3 e derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención, así como das xestións para a adquisición centralizada de equipamentos de protección individual para os comerciantes e establecementos comerciais. Só serán subvencionables por este concepto aqueles proxectos que inclúan, como mínimo, dúas actuacións entre as previstas nas letras anteriores.
Prazas de abastos e mercados.
Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos a través das seguintes actuacións:
a) A creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, mediante a posta en marcha de market place ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos da prazas de abastos e mercados.
b) A posta en marcha e mantemento de sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio.
c) Dinamización comercial. Campañas de dinamización comercial e publicidade dirixida á dinamización das vendas e a fidelización de clientes. Así mesmo, considéranse subvencionables os servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais ou de community manager e outras actuacións de márketing dixital orientadas a promocionar as vendas.
d) Os gastos imputables ás unidades xerenciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1.3 e derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención.
e) Instalacións e equipamentos do mercado e das praceiras e dos praceiros, incluída a adquisición centralizada de equipos de protección individual para os comerciantes e establecementos comerciais.
As campañas de promoción ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas deberán presentarse dentro dun proxecto de incentivación ao consumo en que se amose a participación directa das praceiras e dos praceiros.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data límite establecida no artigo 17 destas bases reguladoras, coa excepción dos gastos efectuados en 2019, de acordo co establecido no punto
O investimento máximo subvencionable e o importe da subvención para estas actuacións é de:
a) 57.150 euros para os centros comerciais abertos situados en poboacións de máis de 14.000 habitantes que conten con máis de 100 comercios asociados, así como para os centros comerciais abertos situados en poboacións de menos de 14.000 habitantes que conten con máis de 80 comercios asociados. O importe da subvención resultará de aplicar unha porcentaxe do 70 % sobre o investimento subvencionable.
b) 44.000 euros para os centros comerciais abertos situados en poboacións de máis de 14.000 habitantes que conten con máis de 60 comercios. O importe da subvención resultará de aplicar unha porcentaxe do 75 % sobre o investimento subvencionable.
c) 27.800 euros para os centros comerciais abertos que non estean comprendidos en ningún dos supostos recollidos nas letras a) e b) anteriores. O importe da subvención resultará de aplicar unha porcentaxe do 80 % sobre o investimento subvencionable.
d) Prazas de abastos. O investimento máximo subvencionable establecido para as actuacións contidas no artigo 1, punto 3.1.2, é de 14.000 euros. A porcentaxe de subvención acadará o 70 % do investimento subvencionable.