Axudas á comisión de apertura dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020
A contía da axuda será do 1 % do importe do préstamo concertado entre a persoa solicitante da PAC e as entidades financeiras para o adianto de ata o 90 % dos importes da PAC (axudas directas e Feader SIXC). Esta contía calcularase tomando como referencia o importe pagado a cada persoa solicitante na campaña anterior.
A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020, da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, sempre que se xustifique a subscrición dun préstamo entre a persoa solicitante da PAC da campaña 2020 e as entidades financeiras asinantes do convenio, xa fosen subscritos os préstamos antes da sinatura do convenio como con posterioridade á súa entrada en vigor, e que recollan o préstamo para o adianto dunha porcentaxe da PAC na campaña 2020.