A tecnificación da agricultura
A pesar de que a agricultura, é un dos sectores máis renuentes e conservadores á hora de aplicar novas tecnoloxías, o salto tecnolóxico, é xa, case unha obrigación. Os propietarios agrícolas aprenderon, coa práctica, que as súas explotacións son moito máis rendibles, e teñen menos gastos se se utiliza a tecnoloxía agraria. Dita tecnoloxía, aínda que non se aplicou masivamente, leva moitas décadas de desenvolvemento, polo que se pode calicar, sen ambaxes, neste 2018 que agora comeza, como 4.0.

En todas as rexións agrícolas de España, a demanda de enxeñeiros e enxeñeiros técnicos agrarios é puxante, e todo iso debido á alta tecnificación que xa ten o campo. Entre as cuestións que só pode manexar un técnico, atópanse aspectos como a selección de sementes, control biolóxico de pragas, estruturas de refrixeración, regadío ou xestión de residuos.