• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a organización de actividades formativas non regradas na industria forestal

Aprobánse as bases reguladoras que regulan as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación e coa Axenda de Impulso da Industria Forestal, e a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (código de procedemento IN501A).

Publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).  

Primeiro. Entidades beneficiarias  

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:

a) Asociacións, organizacións e entidades sen ánimo de lucro representativas ou relacionadas co sector forestal.

b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).

c) Colexios profesionais cando as actividades subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, a teor do disposto nos seus estatutos.  

Segundo. Obxecto  

1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras que rexerán a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e a innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación da industria forestal (código de procedemento IN501A).

 2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e reconciliada co ambiente, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira.  

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria  

Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).   C

Cuarto. Contía  

Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, con 500.000 euros para o ano 2020.  

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes  

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Data fin do prazo de Inscrición