Ampliación prazo execución axudas a proxectos novos de dinamización Xacobeo 2021
Faise preciso revisar os prazos de execución e xustificación dos proxectos imputables á anualidade 2020.
Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2019, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2019.
Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2020.
2. No caso de que a entidade beneficiaria xustifique motivadamente e acredite a asunción de gastos non recuperables pola cancelación da actividade subvencionada que non puidese realizarse debido ás medidas acordadas para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a Axencia Turismo de Galicia poderá proceder ao pagamento destes gastos logo da xustificación da realización dos gastos e do seu pagamento pola entidade beneficiaria.