Reanudación procedementos de subvencións
Acordase a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos.
Continuase o prazo de presentación de solicitudes nos procedementos de concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se relacionan no anexo I, nos cales se indican, ademais, segundo os casos, os días que restan para a presentación de solicitudes ou a data final de presentación destas establecidos tendo en conta o período que faltaba para a súa finalización na data de entrada en vigor do Real decreto 463/2020.
Autorizase a continuación da tramitación dos procedementos de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se relacionan no anexo II.