• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ampliación e continuidade de prazos en convocatorias Xunta

O DOG de 8 de maio publica varias resolucions para ampliación e continuidade de diferentes convocatorias de axudas.

Programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (PR924B): restablecemento do prazo de presentación de solicitudes a partir do 12 de maio de 2020.

Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES): continuidade dos prazos de execución dos proxectos subvencionados e dos prazos de xustificación e pagamento das subvencións concedidas.

Subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares: o prazo de presentación das solicitudes de axudas amplíase en 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma e acordarse a continuidade do procedemento de concesión destas subvencións

Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais: continuidade do prazo de presentación de solicitudes de axudas económicas destinadas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.