Campaña divulgativa sobre consumo sostible
É innegable relación existente entre comercio de proximidade e mobilidade. Se nos barrios hai unha diversidade comercial que cobre as necesidades dos seus habitantes, estes non teñen a necesidade de coller o vehículo privado para desprazarse ata a periferia da gran urbe onde se concentra a oferta en grandes superficies que, moi a miúdo, a súa propiedade nada ten que ver co territorio.

Para acadar una sustentabilidade real son aspectos fundamentais o comercio de proximidade e a adquisición duns hábitos máis responsables por parte da poboación son aspectos fundamentais. É necesario pois que tanto a estrutura comercial como a educativa e veciñal colaboren e vaian da man nun proceso que redunde nunha mellor calidade de vida para o barrio, a súa poboación e, en xeral, en conxunto da sociedade.