Presentación de Consultas Preliminares ao Mercado do proxecto Innovaugas 4.0
Título: Xornada de presentación de Consultas Preliminares ao Mercado do proxecto Innovaugas 4.0
Lugar: Seminario web
Data: Mércores, 6 de maio Hora: 10:30h
Innovaugas 4.0 é un proxecto de compra pública de innovación (CPI) promovido por Augas de GAlicia, entidade púbica empresarial dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de GAlicia. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
Persegue a xestión integrada avanzada das augas para optimizar os recursos hídricos e dar resposta a longo prazo ás demandas dos diferentes usos da auga, en equilibrio co medio natural e os ecosistemas fluviais, respectando o logro dos obxectivos ambientais establecidos para as masas de auga e atendendo aos novos escenarios determinados polo cambio climático.