• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

97% das empresas galegas espera manter ou incrementar o emprego en 2018

Data de escritura

As empresas galegas son máis optimistas que as do conxunto da Unión Europea de cara a 2018, segundo os resultados da Enquisa de Perspectivas Empresariais, elaborada o pasado mes de setembro por Eurocámaras que contou coa participación da Cámara de Comercio de Santiago. En total participaron máis de 50.000 empresas europeas, das que máis de 3.000 son españolas e 179 galegas.

En 2018 parece que as empresas están máis preocupadas polo impacto dos prezos da enerxía e as materias primas que polos custos laborais ou polas condicións de financiamento, ao contrario do que acontecía o ano anterior. Por outro lado, hai que destacar o incremento na porcentaxe de empresas que sinala a escasez de persoal cualificado como un factor que limitará a actividade en 2018, sensiblemente superior ao que sinalou este factor en 2017.