A duración do estado de alarma non computará para estimación obxectiva IRPF e réxime simplificado IVE
Exclusión do período do estado de alarma do cómputo para o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime simplificado do IVE
- Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas que desenvolvan actividades económicas incluídas no anexo II da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2020 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido e determinen o rendemento neto daquelas polo método de estimación obxectiva, para o cálculo da cantidade para ingresar do pago fraccionado en función dos datos-basee a que se refire a letra b) do apartado 1 do artigo 110 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, non computarán, en cada trimestre natural, como días de exercicio da actividade, os días naturais nos que estivese declarado o estado de alarma no devandito trimestre.
- Os suxeitos pasivos do Imposto sobre o Valor Engadido que desenvolvan actividades empresariais ou profesionais incluídas no anexo II da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2020 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido e estean acollidos ao réxime especial simplificado, para o cálculo do ingreso a conta no ano 2020, a que se refire o artigo 39 do Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido, aprobado polo Real Decreto 1624/1992, do 29 de decembro, non computarán, en cada trimestre natural, como días de exercicio da actividade, os días naturais nos que estivese declarado o estado de alarma no devandito trimestre.