• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta e Telefónica abrirán en 2018 unha nova edición de Galicia Open Future

Data de escritura

A Xunta e Telefónica porán en marcha en 2018 “Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0”, un programa de apoio ao emprendemento no que os participantes deberán propoñer solucións a seis retos no ámbito da Industria 4.0, formulados por empresas tractoras.

Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0” lanzará diferentes convocatorias para cada un dos retos con base nas propostas definidas polas empresas. Admitiranse ata dez ideas por reto, cuxos promotores terán a oportunidade de coñecer en profundidade a problemática e as necesidades formuladas polas empresas durante tres xornadas de traballo intensivas. As catro iniciativas seleccionadas contarán co apoio financeiro de GAIN, 10.000 euros cada unha, e terán acceso a un programa personalizado de aceleración con sesións de mentoring e coaching especializado, acceso a un espazo de crowdworking na Cidade da Cultura e á plataforma en liña de Galicia Open Future. O mellor proxecto do programa de aceleración recibirá unha axuda de 10.000 euros da Amtega. 

Con esta nova edición do GOF consolídase o polo tecnolóxico da Cidade da Cultura, onde está a sede da Amtega e outras das iniciativas do Pacto dixital, o Centro de Innovación social Dixital Vodafone Conecting for Good Galicia e o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC.