• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Moratoria das cotizacións sociais á Seguridade Social

Habilítase á Tesourería Xeral da Seguridade Social a outorgar moratorias de seis meses, sen intereses.

Habilítase á Tesourería Xeral da Seguridade Social a outorgar moratorias de seis meses, sen interese, ás empresas e os traballadores por conta propia incluídos en calquera réxime da Seguridade Social, que o soliciten e cumpran os requisitos e condicións que se establecerán mediante Orde do Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións previo acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos.

A moratoria nos casos que sexa concedida afectará o pago das súas cotizacións á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, cuxo período de pagamento, no caso das empresas estea comprendido entre os meses de abril e xuño de 2020 e, no caso dos traballadores por conta propia entre maio e xullo de 2020, sempre que as actividades que realicen non se suspenderon con ocasión do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.