• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Préstamos avalados polo IGAPE no contexto da crise do COVID-19

O obxectivo é favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.

Tipos de apoio:

  • O Igape reavalará ata un máximo do 25% do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.
  • O Igape subvencionará a fondo perdido un importe equivalente á suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta liña de financiamento.

Beneficiarios potenciais:

  • Pequenas e medianas empresas, que teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
  • Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos.

Non poderán ter a condición de beneficiarias:

  1. As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión Comisión Europea.
  2. As empresas en crise.
  3. As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei de subvencións de Galicia.

Condicións do préstamo:

Ademais para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá formalizar un préstamo a un prazo de 4 anos, que será aplicado do seguinte xeito:

  • Un mínimo do 35% do seu principal será aplicado ao pago dos seguintes conceptos de gasto: Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos; Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións; Pagamento de nóminas e seguros sociais; Gastos financeiros operativos; Pago de impostos e Primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
  • Un máximo do 65% poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades: 
    • Pago de cotas de préstamos, leasing e/ou renting vencidas ou que venzan durante os tres meses seguintes á data de formalización.
    • Pago de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.
    • Débedas bancarias vencidas, cuxo vencemento se producise con posterioridade ao 1 de marzo de 2020.
    • A comisión do aval así como as achegas ao capital das Sociedades de Garantía Recíproca.

Sectores incentivables:

Todas as actividades excepto:

  1. A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
  2. Os xogos de azar coas instalacións conexas.
  3. A produción, transformación ou distribución de tabaco.
  4. As actividades que implican a utilización de animais vivos con fins experimentais ou científicos.
  5. As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
  6. As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética. g) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Importe do préstamo:

Non poderá superar:

  1. O dobre dos costes salariais anuais do beneficiario (incluídas as cargas sociais) correspondentes a 2019 ou ao último ano dispoñible; no caso de empresas creadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, o importe máximo do préstamo non poderá superar, a estes efectos, a estimación dos costes salariais anuais para os primeiros dous anos de actividade, ou
  2. O 25% do volume de negocios total do beneficiario en 2019. 

En todo caso, o préstamo a avalar deberá ser igual ou superior a 3.000 euros e igual ou inferior a 200.000 euros.

Prazo do préstamos:

O prazo máximo do préstamo a avalar será de 4 anos, incluíndo 1 ano de carencia, como máximo.

Tipo de xuro do préstamo:

O tipo de xuro nominal anual que poderán cobrar as entidades de crédito para as operacións de préstamo previstas nesta liña será fixo, cun máximo do 1,5%.

Subvención ao tipo de xuro:

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade.

A subvención que no seu caso sexa concedida, será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento conforme ao artigo 11 das Bases Reguladoras. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferencia entre os xuros aboados e o importe da subvención.

Comisións:

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60%. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €.

Para estes efectos, non se considerará comisión o cobro da tarifa de reclamación de posicións debedoras. As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50% en concepto de comisión de aval, calculada para toda a vida da operación sobre o saldo vivo anual previsto do importe avalado, e que será cobrada por anticipado; e ata o 4,00% do importe do financiamento avalado en concepto de aportación ao capital social da SGR, que se aboará igualmente ao inicio da operación. Ambos importes poderán formar parte do préstamo avalado. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

Garantías:

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100% do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 euros, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. A estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración.

Documentación requerida

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica con certificado dixital. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

A solicitude presentarase coa seguinte documentación electrónicamente:

  • En caso de persoas xurídicas:
    • Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
    • Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
    • No caso de entidades obrigadas a formular, aprobar e depositar contas anuais, contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil- ou noutro rexistro, segundo proceda- correspondentes ao último exercicio pechado, xunto co informe de auditoría de ser o caso.
  • No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente. Así mesmo as comunidades de bens deberán presentar o Anexo III de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralla á entidade de crédito e á SGR, a través da extranet de entidades colaboradoras.

Data fin do prazo de Inscrición