Nova liña de creditos ao circulante de CESCE
Instruméntase mediante reforzo da capacidade aseguradora de CESCE.
Características da liña
- É xestionada por CESCE na súa calidade de xestor exclusivo dos seguros por Conta do Estado.
- Ten carácter extraordinario por un período de 6 meses.
- Se instrumentará en dous tramos de 1.000 millóns de euros, entrando o segundo en vigor tras verificarse unha execución satisfactoria do primeiro tramo.
Beneficiarios:
- Empresas españolas consideradas Pequenas e Medianas Empresas e empresas de maior tamaño, sempre que sexan entidades non cotizadas cando:
- Se trate de empresas internacionalizadas ou en proceso de internacionalización (ver descrición en RDL).
- Se enfronten a un problema de liquidez ou de falta de acceso ao financiamento resultado do impacto da crise do COVID-19 na súa actividade económica.
- Quedan excluídas empresas en situación concursal ou pre-concursal, con incidencias de falta de pagamento con empresas do Sector Público ou débedas coa Administración, antes do 31 de decembro de 2019.
Características dos créditos de circulante:
- Non teñen que estar ligadas a contratos de exportación.
- Deberán responder a novas necesidades de financiamento e non a situacións previas á crise actual.
- A porcentaxe de cobertura do risco de crédito non superará o 80%.