Os "Almorzos do bo facer" rematan este martes 5 de decembro coa recollida de ideas e iniciativas na Sala Númax
A Sala Númax acoller hoxe, de 9:00 a 11:00 horas, o último dos Almorzos do bo facer. Este último encontro, que leva por título "Almorzo proxecta", culmina o proceso de recollida de ideas nacidas da interacción entre cooperativas do mesmo ámbito ou con iniciativas semellantes, dando a coñecer os proxectos que serán presentados ao Concello para ser estudados e recibir apoio. Neste almorzo participarán Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, e Carme Casado, técnica municipal de Promoción Económica.
O Almorzos do bo facer viñéronse celebrando neste último trimestre do ano 2017. Esta iniciativa enmárcase no programa Compostela Móvese, que recolle as actividades da Oficina de Promoción Económica municipal, coa intención de impulsar un novo modelo económico para Santiago. Para iso búscanse as principais fortalezas sociais e económicas da cidade.
Entre as iniciativas incluídas no Compostela Móvese 2017 están as Axudas a empresas de recente creación, as Xornadas de Economía Social, o Servizo de Emprendemento Colaborativo, o Proxecto Colaboractiva e a apertura das instalacións do Cersia Empresa ás entidades e empresas adheridas á Rede EUSUMO da Xunta de Galicia.
Tanto o Catálogo de Economía Social como os formularios de inscrición para as actividades están na web do Cersia Empresa.