V premio "Camiño do emprendemento"
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela convoca o V Premio “Camiño do Emprendemento 2018/ 2019”, co patrocinio de ABANCA. É un recoñecemento que pretende promocionar as iniciativas empresariais e prestar apoio para a posta en marcha, desenvolvemento e consolidación dos proxectos empresariais máis destacados da demarcación cameral de Santiago, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos seus trinta e dous concellos.
O premio consiste en tres bolsas que cubrirán ao 50 por cento os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano.
Durante os doce meses de estancia na incubadora, as persoas emprendedoras recibirán servizos de acompañamento, cosultoría, titorización e mentorización dos seus proxectos empresariais coa finalidade de favorecer o seu arranque, creación e consolidación co propósito de asegurar a súa supervivencia. Ademais, as persoas participantes poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por ABANCA con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por ABANCA).
As solicitudes para participar deberán presentarse antes do 8 de febreiro ás 14:00 horas no rexistro da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo) ou no viveiro de empresas do Polígono de Costa Vella (rúa República Checa, 40). A inscrición estará dispoñible na web corporativa www.camaracompostela.com.
Está destinado a persoas emprendedoras que teñan constituída unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para persoas emprendedoras que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses, e en ningún momento deben ser proxectos que xa foran obxecto de incubación non viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago por un período superior a tres meses.