Novidades en materia de mobilidade
O vindeiro luns 22 de outubro terá lugar o seminario sobre "Novidades en materia de mobilidade de persoas traballadoras e empresas, España-Portugal", organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela.
Recentemente aprobouse unha normativa que modifica a Directiva sobre o desprazamento de persoas traballadoras efectuado no marco dunha prestación de servizos, ao mesmo tempo que se está traballando sobre unha modificación da normativa en materia de coordinación dos sistemas de Seguridade Social que afectará á mobilidade.
Por iso, contaremos coa participación de profesionais con destacada experiencia no ámbito da mobilidade transnacional e en particular da mobilidade entre España e Portugal, que abordarán as obrigacións das persoas empresarias en materia de seguridade social e laboral á hora de desenvolver a súa actividade alén da fronteira.
A participación é gratuíta, en virtude do financiamento que a Comisión Europea e a Confederación de Empresarios de Galicia como socio da rede EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia, comprometen para o seu desenvolvemento.
PROGRAMA
9.20 h – 9.30 h Recepción e entrega de documentación
9.30 h – 9.45 h Presentación da xornada
9.45 h – 11.45 h Novas condicións en materia de Desprazamento de persoas traballadoras
- Evolución xurisprudencial
- Últimas reformas normativas e obrigas laborais sobre persoas traballadoras desprazadas.
Empresas con presenza en España e Portugal e mobilidade de persoas traballadoras
- Persoas traballadoras que desenvolven a súa actividade en España e Portugal
- Desprazamento de persoas traballadoras a empresas do mesmo grupo
- Contratación de persoas traballadoras en Portugal por empresas sen estabrecemento
Marta Salamanca Martín| Ernst & Young Abogados
11.45 h – 12.15 h Pausa
12.15 h – 14.00 h Dereito laboral e condicións de traballo en Portugal
- Modalidades contractuais
- Incentivos á contratación
- Salario e tempo de traballo
- Proposta de reforma do Código do Trabalho
Diana Vale | Hale Business Consulting
14.00 h Peche