• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Alfóns Cornellá de novo en Compostela

Data de escritura

Logo de realizar en anos pasados varias edicións do seu evento Update en Santiago de Compostela, o afamado escritor e conferenciante Alfóns Cornellá, regresa o vindeiro 21 de decembro de 2017 para presentar o seu novo formato Radical es Normal.

Coa innovadora metodoloxía que caracteriza as presentacións de Alfons, este evento é unha oportunidade única para comprender os cambios económicos e sociais que as tecnoloxías poden provocar e detectar neles oportunidades de novos negocios. O evento é gratuito, pero o aforo é limitado. Date presa en reservar a túa praza.

Hoxe en día esperamos case calquera cousa da ciencia, a tecnoloxía e o comportamento social. O que antes percibiamos como “radical” agora convértese en algo totalmente “normal”, moi rapidamente. Este feito obríganos a ser moito máis audaces na nosa maneira de pensar e a ter un coñecemento constante e actualizado dos últimos avances no mundo. Xestionar e comunicar un progreso tan acelerado, que a miúdo é incomprensible para a maioría das persoas, será un dos grandes retos do futuro próximo.