I encontro sobre excelencia tecnolóxica internacional
Descubrir os principais desenvolvementos e as tecnoloxías emerxentes dos centros tecnolóxicos galegos e coñecer casos de éxito en materia de innovación de empresas líderes de distintos sectores estratéxicos son dous dos obxectivos do I Encontro sobre Excelencia Tecnolóxica Internacional, que se desenvolverá o mércores 17 de outubro en Santiago de Compostela.
Na xornada, promovida pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Gain, os asistentes terán a oportunidade, ademais, de coñecer o modelo finlandés de excelencia innovadora e a perspectiva institucional da Xunta de Galicia.
PROGRAMA
09.30 h. Recepción e acreditacións
10.00 h. Apertura institucional
Juan Manuel Vieites, presidente de ATIGA
Patricia Argerey, directora de GAIN
10.15 h. Tecnoloxías emerxentes made in Galicia
Intervención de Juan Luis Polo, experto internacional en transformación dixital empresarial.
Presentación dos aspectos clave sobre desenvolvementos e tecnoloxías emerxentes dos Centros Tecnolóxicos galegos.
10.45 h. Innovación colaborativa: exemplos prácticos
Claves de distintos casos de éxito coa innovación como eixo principal relatadas por empresas líderes de distintos sectores estratéxicos.
11.45 h. A experiencia de Finlandia: excelencia innovadora
Intervención de Maria Smolander, Senior Research Scientist VTT Technical Research Centre of Finland (centro tecnolóxico finlandés líder en investigación aplicada e innovación).
O modelo operativo de VTT, o contexto de innovación finlandés e exemplos clave de innovación levada a mercado.
12.15 h. Coffee Break
12.45 h. ATIGA en cifras
Intervención de Juan Manuel Vieites, presidente de ATIGA
Principais magnitudes e resultados
13:00 h. Visión institucional
Intervención de Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
13.10 h. Cocktail e networking