III FORO DA ECONOMÍA SOCIAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá en Outubro, tamén o segundo xoves de mes 11 de outubro, o III Foro de Económia Social do Concello de Santiago de Compostela "Compostela, territorio da Economía Social"
Estas xornadas buscan crear espazos de encontro e diálogo que permitan afianzar o desenvolvemento dunha economía que pon ás persoas e o seu traballo no centro do sistema. Nesta edición queren dar resposta a dúas cuestións fundamentais: cómo axudar á economía social a transformar Compostela nunha cidade máis sostible e solidaria e de qué xeito podemos colaborar con esta transformación de xeito individual e colectivo.
A economía social asume como principal reto o desenvolvemento de relacións e prácticas económicas rendibles, eficaces e á vez alternativas, promovendo a xestión democrática e a responsabilidade social. O III Foro de Economía Social dará comezo cunha proxección de pequenas curtas elaboradas en colaboración coas entidades participantes nos Batidos Sinérxicos de Economía Social para a difusión do Escaparate Virtual do Concello. De seguido e da man de María Loureiro poderemos reflexionar sobre as nosas pautas de consumo e os retos ambientais e sociais para unha economía máis consciente
Na segunda parte das xornadas abordaranse os temas das cláusulas sociais na contratación pública e as dificultades que plantexa a economía colaborativa cando non é tamén social, analizando o impacto para Compostela de fenómenos como o dos pisos turísticos ilegais.
PROGRAMA DAS XORNADAS
Compostela, Territorio da Economía Social
III Foro de Economía Social do Concello de Santiago
CERSIA, 11 de Outubro de 2018
Crear espazos de encontro e diálogo que permitan afianzar o desenvolvemento dunha economía que pon ás persoas e o seu traballo no centro do sistema é o obxectivo xeral destas xornadas que queren dar resposta a dúas cuestións fundamentais: cómo axudar á economía social a transformar Compostela nunha cidade máis sostible e solidaria e de qué xeito podemos colaborar con esta transformación de xeito individual e colectivo.
9.30 Recepción de participantes
10.00 Inauguración
Presentación das xornadas a cargo da Concelleira de Economía Social, Concha Fernández.
10.30 Compostela é Economía Social.
A economía social asume como principal reto o desenvolvemento de relacións e prácticas económicas rendibles, eficaces e á vez alternativas, promovendo a xestión democrática e a responsabilidade social. A través do Escaparate Virtual do Concello de Santiago presentamos unha serie de iniciativas que tentan defender os valores e prácticas da economía social e solidaria. Comezamos este III Foro de Economía Social cunha proxección de pequenas curtas elaboradas en colaboración coas entidades participantes nos Batidos Sinérxicos de Economía Social para a difusión do Escaparate Virtual do Concello.
10.45 Cambiar o consumo, retos ambientais e sociais para unha economía consciente.
Charla a cargo de María Loureiro, catedrática da USC.
11.30 Pausa.
Café e petiscos a cargo de Panxea, s. coop. galega.
12.00 Mesa 1. Cláusulas sociais na contratación pública: retos e perspectivas.
Relatores: Marta García, asesora xurídica do Concello da Coruña, e Alba Nogueira, profesora de dereito administrativo da USC.
Conduce: Celso Gándara, presidente de EspazoCoop, en representación do Foro pola Economía Social Galega.
12.30 Mesa 2.
Vivir Compostela: cando non todo o colaborativo é social.
Relatores: Mercedes Vázquez, socia de Dehistoria e membro da xunta directiva da AV A Xuntanza e Iago Lestegás, arquitecto e investigador.
Conduce: Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.
13.00 Construir en común para transformar a sociedade.
Taller de creación a cargo de 7H Cooperativa Cultural e Do Paraná espazo serigráfico.
Participantes:
María Loureiro é catedrática no Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en C. Económicas pola USC, obtivo o seu doutoramento e máster na Washington State University (USA). Na actualidade é tamén secretaria/tesoureira da Asociación Hispano-Portuguesa de Economía Ambiental de los Recursos Naturales (AERNA) e forma parte da xunta directiva da European Association of Environmental and Resource Economics (EAERE).
Marta García é profesora titular de dereito administrativo na Universidade da Coruña, en situación de servizos especiais desde xuño do 2015, data na que empeza a traballar no Concello da Coruña como directora da Asesoría Xurídica municipal. Anteriormente foi Secretaria Xeral da UDC e maxistrada suplente do TSX de Galicia.
Alba Nogueira é profesora titular de dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela e investigadora principal do Armela, rede de investigación en Igualdade, Dereitos e Estado social. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago en 1991 é doutora por esta mesma universidade en 1997.
Celso Gándara leva máis de 25 anos adicados ao sector de economía social. Desde o ano 2009 é xerente de Algalia, S. Coop. Galega, cooperativa da que forma parte desde o 1995, e no 2016 asume a presidencia da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado de Galicia, EspazoCoop.
Mércedes Vázquez é doutorada pola USC e Investigadora na USC e no CSIC. Desde 2004 é socia de Dehistoria, sociedade laboral, empresa adicada á investigación histórica baixo demanda, e desde o 2006 forma parte da xunta directiva da AV Veciñal A Xuntanza do barrio de San Pedro.
Iago Lestegás é Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid (2012) e Doutor en rexeneración urbana e desenvolvemento económico pola Universidade de Reggio Calabria (2017). Como investigador asociado no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC estuda as políticas de rehabilitación urbana e o impacto do aloxamento turístico sobre o acceso á vivenda nas cidades do Sur de Europa.
Marta Lois é Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago e profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela. É parte dun amplo grupo de investigación sobre xénero e política e integrante do grupo Armela.
O III Foro de Economía Social forma parte do programa “Compostela Móvese con S de Social 2018” xa aprobado en Xunta de Goberno Local. Este programa conta con un orzamento de 80.000,00€ para o ano 2018. Os encontros e as que serán as III Xornadas de Economía Social, xunto coa revisión do catálogo de empresas e entidades de economía social ten un orzamento de 15.000,00€. O programa inclúe ademáis un orzamento de 15.000,00€ para o desenvolvemento das actividades de promoción do sector da economía social que se concreten con este colectivo ao longo dos Batidos Sinérxicos de Economía Social. Supón a continuidade dos traballos en materia de economía social iniciados no ano 2016.
Persoas interesadas no potencial da economía social como fórmula de emprendemento e/ou como nicho de consumo.
Para asistir ao III Foro de Economía Social de Compostela é preciso inscribirse no formulario desta mesma páxina . A inscrición estará aberta ata o 10 de outubro de 2018 ás 14:00h, de non ser posible formalizar a inscrición a través desta vía poderá formalizarse o propio día da celebración do Foro no CERSIA Empresa.