• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

INFODAY H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente

As novas convocatorias de Horizonte 2020 (H2020), do programa de traballo 2018-2020, para propostas nos sectores de agroalimentación e medio ambiente abriranse proximamente e estarán dotadas cun orzamento de 2,42 billóns de euros. Empresas, universidades e outros axentes galegos terán que estar preparados para competir pola captación destes fondos e consolidar así os bos resultados obtidos nos catro primeiros anos de H2020 (2014-2017), nos que as entidades galegas obtiveron axudas por un importe superior aos 67 millóns de euros.

A esta necesidade responde o Infoday H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente, organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), que se celebrará o 28/09/2018.

Ao longo da xornada, os Puntos Nacionais de Contacto (PNC) presentarán as próximas convocatorias dos retos sociais 2 e 5 de maior interese para a nosa Comunidade. Así mesmo, orientarase a preparación de propostas mediante recomendacións prácticas e organizaranse reunións individuais cos PNC para analizar ideas de proxecto (Rolda H2020).

Programa:

09:00– 09:45 h. Acreditación

09:45 – 10:00 h. Benvida

10:00 - 11:00 h. Convocatorias 2019-2020 para Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sustentables, investigación mariña, marítima e de augas interiores e bioeconomía (Reto social 2)

Marta Conde

Punto Nacional de Contacto (PNC) do Reto Social 2 Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI)

11:00 – 11:15 h. A Rede Enterprise Europe Network (EEN). Servizos de apoio á participación de PEMES en Horizonte 2020

Teresa Bernal

Xefa do departamento de Servizos e Observación de Innovación. Axencia Galega de Innovación (GAIN)

11:15 - 11:45 h. Pausa café

11:45 - 12:45 h. Convocatorias 2019-2020 para Acción polo clima, medio ambiente, eficiencia dos recursos e materias primas (Reto social 5)

12:45 - 13:30 h. Recomendacións e aspectos prácticos para a preparación de propostas

Juan Carlos García

PNC do Reto Social 5 CDTI

13:30 - 14:00 h. Presentación do programa PRIMA Partnership for Research and Innovation in the Mediterranean Area. Países, funcionamento e programa de traballo para 2019.

Marta Conde

PNC do Reto Social 2 CDTI

14:00 h. Fin da sesión

ROLDA H2020 (xuntanzas paralelas)

10:00 -14:00 h: Contraste de ideas de proxectos cos PNC do CDTI

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición