• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada sobre modelos de xestión na prestación de servizos públicos

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro martes, 2 de outubro, unha xornada sobre “Modelos de xestión na prestación de servizos públicos”. O encontro será inaugurado ás 18:00 horas polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

A xornada pretende analizar os diversos modelos que existen para xestionar servizos públicos, máis aínda ante o reaberto debate sobre a recuperación da xestión de prestacións básicas desde o ámbito público.

A xornada contará con dúas mesas redondas onde expertos de dereito e economía debaterán a materia. A primeira mesa redonda, titulada “Colaboración público privada e reinternalización da xestión”, estará moderada pola doutora en Economía Aplicada da Universidade de Santiago (USC), María Cadaval, e participarán no debate o exministro de Justicia, Francisco Caamaño; o catedrático de Dereito Administrativo da USC, Luis Míguez Macho; e a doutora en Dereito e secretaria da Administración Local no Concello de Vigo, Concepción Campos Acuña.

A segunda e última mesa redonda, “A lexislación laboral, orzamentaria e de emprego público ante a reinternalización de servizos públicos”, estará moderada polo director Xeral do Observatorio de Servicios Urbanos (OSUR), Ramiro Aurín. Esta charla contará coa participación do exministro de Trabajo, Valeriano Gómez; a catedrática de Derecho del Trabajo y la Seguridad da Universidad de León, Susana Rodríguez Escanciano; e o responsable do sector de Agua de UGT FICA, Gustavo Vargas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición