• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

VIII semana internacional Contract Galicia

O Igape organiza a VIII Edición da Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 15 e 16 de outubro.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional.

Incluirá DÚAS ACTIVIDADES diferenciadas, ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse a través da web do Igape, en función do seu perfil:

Xornada inaugural: luns 15 de outubro, de 9.30 a 14.30h

Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional. Prazas limitadas.

Encontros B2B Canal Contract: luns 15 de outubro, de 16 a 19h, e martes 16 outubro, de 10 a 14.30h

Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionais/industria galega e prescritores internacionais da Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional. Non haberá axenda/reunións previamente concertadas. As reunións rotarán de xeito flexible e terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes. Prazas limitadas.

Programa da xornada inaugural (pendente de confirmar):

9:30 h. Recepción y acreditación de participantes.

10:00 h. Presentación VIII Semana Internacional Contract Galicia.

Consellería Economía, Emprego e Industria / IGAPE.

UNEX – David Cámara Navarro. Comisario Semana Internacional Contract Galicia.

10:15 h. Unha visión compartida da situación actual e perspectiva dos principais mercados internacionais.

Roberto Velasco - Director Xeral KMD Latinoamérica Ciudad de México – San Francisco

Alon Baranowitz www.bkarc.com Tel Aviv - Amsterdam

11:00 h. Mesa de debate: novas estratexias de cooperación nun mundo mais global e complexo

Irene Kronenberg www.bkarc.com Tel Aviv - Amsterdam

Roberto Velasco - Director Xeral KMD Latinoamérica Ciudad de México – San Francisco

Alon Baranowitz www.bkarc.com Tel Aviv - Amsterdam

Javier Alberdi - Director, Design & Project Management Latioamerica/Caribe. Marriott. Miami

11:30 h. Café - Networking.

12:00 h. O desenvolvemento retail e hoteleiro en Latinoamérica e Norteamérica. Oportunidades para as empresas europeas. 

Juan Manuel Velázquez - Purchasing Director Club Med North America. Miami www.clubmed.us

Javier Alberdi - Director, Design & Project Management Latioamerica/Caribe, Marriott

Angel Muñoz - Director de proxectos Grupo Los Pueblos. Panamá http://glp.com.pa/

13.00 h. Mesa debate:

Jaime Montes Procurement Manager https://om3management.com/ Qatar, Emiratos Arabes Unidos, Perú, España.

Tania Peñate / Luis Yunta - http://www.proffetional.com/ USA, MEXIO, COLOMBIA, PERU, MARRUECOS, ESPAÑA. * Pendente de confirmar

Isabel Moneo - www.aecom.com . Head of Hospitality at AECOM Spain Architecture Department * Pendente de confimar

Josep Sala - GMA http://www.gmahci.com/ * Pendente de confirmar.

14.30 h. Cocktail Networking.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición