Presentación do programa da Xunta O Emprego do Futuro
O próximo 2 de outubro a Xunta de Galicia presenta en Santiago de Compostela o programa O emprego do futuro, que pon en marcha co obxectivo de indentificar as necesidades dos distintos sectores económicos no eido da capacitación e adaptación laboral.
A xornada desenvolverase a partir das 9.45 horas, no Salón de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura.
A iniciativa, que permitirá á Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborar un catálogo de accións formativas, partirá da análise dos novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0.
PROGRAMA:
9:45 Rexistro de asistentes
10:00 Inauguración da xornada.
Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria
10:30 Innovación e tendencias de futuro do mercado laboral.
Cándido Pérez Serrano, Socio KPMG en España
11:15 A visión das Pemes. Demandas profesionais para a próxima década.
Jesús Echevarría Mendiguren, Vicepresidente Randstad España
12:00 Pausa café
12:15 Mesa redonda “O emprego do futuro”
Moderador:
José Alfonso Marnotes,
Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Xunta de Galicia
Participantes:
Patricia García,
presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia.
Javier Boo,
consultor senior e profesor ICADE
Juan Antonio Lloves,
presidente do Cluster de Automoción de Galicia, CEAGA
Juan Manuel Vieites,
presidente da Asociación Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, ATIGA
13:30 Coloquio
14:00 Clausura