A alcaldesa Goretti Sanmartín mantivo un encontro co presidente de Mercasa, José Miñones, e co delegado do Goberno español en Galicia, Pedro Blanco, onde se comprometeron a desenvolver un plan de viabilidade e un plan estratéxico de investimentos de Mercagalicia que permitan converter Santiago de Compostela nun centro loxístico de referencia na distribución de mercadorías no Eixo Atlántico e no noroeste peninsular. No encontro tamén participaron o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, ademais de persoal técnico.
A partir do 25 de maio, as entidades interesadas terán 15 días naturais para presentar a súa solicitude á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2024.
Bootcamp de Emprendemento
Aproveita esta formación gratuíta para converter a túa idea nun modelo de negocio viable e rentable!
Durante toda a fin de semana, o programa ofrecerá diversas propostas para todos os públicos pensadas para descubrir e gozar da contorna da Carballeira de Conxo. Este venres 24 terá lugar a visita literaria "as voces do bosque", guiada polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room coa que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. O sábado 25, será a quenda do taller de observación de aves, o de "baños de bosque" e a unha ruta que inclúe unha visita e exhibición do funcionamento do muíño de Mourullo, en Sar. Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades deberán inscribirse de maneira previa.
Taller práctico: "Explorando a Realidade Virtual, Realidade aumentada e a Visión artificial
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2024, que conta cun orzamento de 30.000 euros.
A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, vén de proclamar a súa nova Xunta Directiva na Asamblea Xeral celebrada en Xixón. Durante os próximos anos, o Concello de Santiago asumirá a presidencia da entidade, a través da técnica responsable da Oficina de Promoción Económica e Emprego, Carme Casado. Da Xunta Directiva formarán parte outras dez entidades, de diferentes lugares de todo o Estado.
Bajo el título "Cohesión social e igualdad de oportunidades en la era de la inteligencia artificial", tendrá lugar los días 16 y 17 de mayo en el Palacio de Congresos de la ciudad de Gijón. Más de doscientos asistentes se darán cita con motivo de este Congreso
O Concello organiza o vindeiro sábado 25 de maio unha xornada sobre compostaxe dirixida a todas as persoas interesadas en adquirir coñecementos e resolver dúbidas sobre a xestión da materia orgánica. A xornada, con asistencia de balde previa inscrición, foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez.
ECONOMÍA CIRCULAR INCLUSIVA
PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL NO ÁMBITO DA ECONOMÍA CIRCULAR
DÍA: 16 DE MAIO
HORA: 9:15 a 13:30 horas
LUGAR: Auditorio 2. Edificio CINC. CIDADE DA CULTURA
SANTIAGO DE COMPOSTELA