O Concello saca a licitación o contrato de conservación e mantemento de viarios no rural por 1 millón de euros
A Xunta de Goberno aprobou a licitación do contrato para o "servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)". Os licitadores teñen de prazo ata o 24 de febreiro para presentar ofertas.
O Concello de Santiago de Compostela vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos o mantemento dos pavimentos dos viarios e espazos públicos da súa titularidade mediante contratos de servizo de ámbito integral que facilitan a axilidade na resposta á veciñanza e que finalizan o próximo 27 de febreiro.
Para dar continuidade a este servizo de mantemento, a Xunta de Goberno Local do día 26 de xaneiro acordou aprobar o expediente que ten por obxecto a licitación do "servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" e abrir o procedemento aberto de adxudicación e tramitación ordinaria cun tipo de licitación de 1.000.000,00 €, (base impoñible de 826.446,28 € máis IVE do 21% polo importe de 173.553,72 €). O seu valor estimado é de 1.652.892,56 €.
A licitación deste contrato xa está publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público e os licitadores que desexen presentarse ten de prazo ata o remate do día 24 de febreiro.
O contrato ten por obxecto a execución das operacións de conservación, mantemento, reparación e reforma dos pavimentos e drenaxes necesarias nos viarios e espazos públicos análogos de titularidade ou de xestión municipal e aqueles que poidan ser construídos ou recibidos ao longo da duración do contrato (rúas, estradas, pistas, camiños de servizo para a explotación económica primaria, agrícola, gandeira, silvícola, mineira, etc. da estrutura parcelaria, carreiros naturais, sendas peonís ou ciclistas, campos de festa, etc.) que non estean vinculados a parques, a zonas verdes ou a áreas deportivas de todo o ámbito do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela.
Terá unha duración inicial de dous anos prorrogables ata outros dous mais. O orzamento anual do contrato é de 500.000,00 € e é independente de outras actuacións de investimento para o rural de Santiago.