• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Fundación INCYDE, Concello de Santiago de Compostela

Reactiva o teu futuro é un proxecto que se desenvolve en diferentes rexións do territorio

español e que está enmarcado dentro dos Itinerarios de Emprendemento Xuvenil. Programa

Operativo de Emprego Xuvenil 2014 – 2020 de FSE que a Comisión Europea ha aprobado

para España. O seu principal obxectivo é reducir o desemprego xuvenil en España,

especialmente entre os menores de 30 anos non ocupados e non integrados nos sistemas de

educación ou formación.

Este programa ten como obxectivo promover o espírito empresarial e a cultura emprendedora entre os mozos, apostando polo emprendemento e o autoemprego como dúas opcións de acceso ao mercado laboral.

Para crear unha empresa ou consolidar unha empresa precísanse, ademais de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa.

A través deste programa preténdese:

• Fomentar o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre as persoas mozas.

• Promover o éxito empresarial entre os participantes, a través de novas oportunidades de crecemento e a creación de actitudes empresariais.

• Proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora.

• Dotar aos mozos das ferramentas e as habilidades necesarias para identificar, definir e modelar o seu modelo de negocio.

Documentación requerida

Moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Nº de participantes:

Un mínimo de vinte moz@s emprendedores/as e un máximo de vinte e cinco.

Duración do Programa:

Do 20 de febreiro ao 31 de marzo de 2023 (6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo).

Horario:

a) Sesións de formación conxunta:

Luns, mércores e xoves en horario de 16.00 a 19.00 horas.

b) Accións de acompañamento e consultoría individualizada

No horario que acorden o alumn@ e o consultor.

O programa impartirase na modalidad semipresencial, sendo a primeira e última semana, presencial, e o resto impartiranse na modalidade en liña, facilitándose aos participantes seleccionados o enlace á plataforma a cal deben conectarse para o correcto seguimento da acción formativa.

As sesións presenciais (semana do 20 de febreiro e semana do 27 de marzo) realizaranse nas instalacións da Cámara de Comercio de Santiago:

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

O programa está orientado a moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior posta en marcha.

Requisitos

 

PROGRAMA FORMATIVO:

Módulo I: ÁREA DE ESTRATEXIA, EMPRENDEMENTO E EMPREGABILIDADE

Módulo II. ÁREA DE MÁRKETING DIXITAL. COMUNICACIÓN EN REDES SOCIAIS

Módulo III. ÁREA DE RECURSOS E FERRAMENTAS DIXITAIS. NOVAS TECNOLOXÍAS

Módulo IV. ÁREA DE INNOVACIÓN E CREATIVIDADE

Módulo VI. ÁREA DE XURÍDICO E FISCAL E FINANZAS PARA EMPRENDEDORES

Módulo VII. ÁREA PLAN DE NEGOCIO FINAL/ PLAN EMPREGABILIDADE