PROGRAMA COIDAR PARA MELLORAR 2022
Axudas para a mellora e innovación do comercio local
Concello de Santiago de Compostela
Convocatoria de ayudas para la mejora e innovación del comercio local. Programa Coidar para Mellorar 2022
BDNS (Identif.): 648336
O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación do comercio local, no marco do programa “Coidar para mellorar”, correspondentes á anualidade 2022.
Os obxectivos específicos destas axudas, que tratan de impulsar melloras na súa modernización, a través da transformación dixital e sostible e fomentar a cultura da innovación no comercio local como ferramenta fundamental para incrementar a súa resiliencia e competitividade empresarial, son:
- Promover a implantación de tecnoloxías tendentes á transformación dixital do sector comercial.
- Mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, punto de venda, a accesibilidade, eficiencia enerxética e sostibilidade e o atractivo comercial.
- Dotar os establecementos de equipamento e tecnoloxía que melloren a súa transformación, competitividade e resiliencia.
Xunto coa solicitude, deberá achegar a seguinte documentación:
- Formulario normalizado CS006COM dispoñible como anexo II debidamente cuberto en todos os seus campos, e asinado electrónicamente.
- Documentación acreditación da representación, se procede.
- DNI- NIF/NIE da persoa solicitante.
- DNI- NIF/NIE da persoa representante, se procede
-Memoria explicativa dos investimentos realizados, acompañada das facturas ou documentos substitutivos nos casos previstos no Real decreto 1496/2003 polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, que acrediten a realización dos investimentos, en relación nominativa, agrupados segundo os apartados de gastos subvencionables recollidos na base terceira. Ás facturas deberán xuntárselles os documentos acreditativos do seu pagamento.
- Alta no censo de obrigados tributarios, modelo 036 ou 037, segundo corresponda. Só para aquelas persoas autónomas ou empresas de recente creación.
- Alta no RETA (réxime de traballadores autónomos), incluída a dos autónomos colaboradores, no seu caso. As sociedades mercantís deberán achegar a alta no RETA das persoas societarias obrigadas a elo. Aquelas non obrigadas a estar dadas de alta en dito réxime, así como as cooperativas de traballo, deberán achegar declaración responsable específica desta circunstancia.
- Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso.
-Certificado da situación censual emitido pola Axencia Tributaria do Estado.
- Certificado bancario de titularidade de conta
-Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:
·Modelos trimestrais 303 dos dous primeiros trimestres dos anos 2019 e 2022.
· Modelo 130 do segundo trimestre dos anos 2019 e 2022
·Persoas que tributen en réxime de estimación obxectiva: Modelos trimestrais 131 dos dous primeiros trimestres
dos anos 2019 e 2022, acompañados de declaración responsable do volume de facturación real, non estimada, dos dous primeiros trimestres dos anos 2019 e 2022.
·Supostos de non obrigatoriedade de presentación de ningún dos modelos sinalados nos parágrafos anteriores:
Modelo 200 dos anos 2019 e 2022, xunto coas copias, referidas ao primeiro semestre dos anos 2019 e 2022,
do libro de facturas emitidas e recibidas, ou libro diario de ingresos e gastos, ou libro rexistro de vendas e ingresos ou libro de compras e gastos.
-Documentación acreditativa do número de persoas traballadoras na empresa (RNT e RLC) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social de que non existe persoal empregado.
-Certificados de estar ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social, a Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Xunta de Galicia. Comprobarase de oficio que a persoa solicitante está tamén ao corrente co Concello de Santiago. Se o importe da subvención solicitada fose inferior ou igual a 3.000 € será suficiente con cubrir o apartado correspondente na declaración responsable incluída no formulario CS006COM, no que se declara responsablemente que a persoa está ao corrente con estas administracións.
Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas.
As persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
- Que o local comercial sobre o que se realice o investimento se atope no municipio de Santiago de Compostela.
- Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.