Programa “Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social” – Compostela Móvese 2022
No marco do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop
Data e horario
- Xoves 22 de setembro de 2022
- De 10 a 14 h.
Lugar
CERSIA Empresa - Salón de Actos
R/ Alcalde Raimundo López Pol s/n
San Lázaro -Santiago de Compostela
Organiza e coordina:
Unión de Cooperativas EspazoCoop
981 57 55 78 - www.espazo.coop
FOMENTO DO COOPERATIVISMO DE CONSUMO é unha actividade de divulgación dos novos modelos de
cooperativismo de consumidoras e usuarias e das experiencias ofrecidas pola Economía Social para o
consumo.
O cooperativismo de consumo segue evolucionando coa sociedade e aportando solucións. Cando un grupo de
consumidoras emprende unha iniciativa para facer fronte a unha necesidade común, aparecen experiencias de
cooperación entre persoas consumidoras e usuarias basadas na filosofía da participación directa e da autoxestión para acceder a produtos e servizos.
Como mostra, hai múltiples exemplos de modelos de consumo dende o cooperativismo e a economía social que
buscan solucións e que son unha alternativa real aos circuitos comerciais convencionais.
Programa // Contidos:
10 h. | Benvida, coa participación institucional de representantes do Concello de Santiago de Compostela e a
Unión de Cooperativas EspazoCoop.
10:15 h. | A fórmula cooperativa, un recurso para organizar o consumo de bens e servizos de forma colectiva. Ramón Carmelo Rodríguez Padín (Técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop)
11:00 h. | Mesa de experiencias (I) | Cooperativas de consumo
no sector da alimentación e o comercio minorista:
- Red de Supermercados Cooperativos
- Árbore Consumo Consciente, S. Coop. Galega
- Pre-cooperativa de consumo en Cangas do Morrazo
12: 00 h. | Descanso
12:15 h. | Mesa de experiencias (II) | Cooperativas de consumo no sector de autoprodución e comercialización
de Enerxía:
- Enherkom Coop
- Nosa Enerxía, S. Coop. Galega
13:00 h. | Networking | Encontro de intercambio entre as participantes á xornada, co fin de favorecer o coñecemento mutuo, detectar necesidades e potencialidades para impulsar procesos de emprendemento no ámbito doconsumo, a través da fórmula cooperativa.
14:00 h. | Peche
A Xornada estará guiada polo equipo técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Non se necesita
- Persoas e entidades interesadas en procesos de organización colectiva do consumo, integrantes de organizacións do tecido sociocomunitario e socioeconómicoe da economía social e solidaria de Santiago de Compostela.
- Persoas e entidades prescritoras de emprendemento e emprego, localizadas na área de influencia de Santiago de
Compostela, especialmente para xeración e dinamización de procesos de emprendemento cooperativo
.
- Público interesado no cooperativismo de consumo en xeral.
Non se necesitan