• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A SALAS DE EXHIBICION CINEMATOGRAFICA DE GALICIA PARA PROXECTOS INNOVACION, FUNCIONAMENTO DIXITALIZACO E SUSTENTABLE, CREACION E FIDELIZACION DE PUBLICOS E ADAPTACION AOS NOVOS HABITOS DE CONSUMO AUDIOVISUAL

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT207M).

Con esta convocatoria de axudas preténdese apoiar as salas de exhibición cinematográfica galegas a través de proxectos que impulsen a súa innovación e dixitalización sustentable, así como a captación de públicos e a adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual, con cargo ao Plan de transformación, recuperación e resiliencia, no exercicio 2022.

Documentación requerida

As entidades solicitantes deberán enviar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

 

Documentación administrativa:

Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

No suposto de agrupación de entidades, nomeamento do representante ou apoderado legal único, con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á entidade e o compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito que mostre a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.

 

Documentación específica:

Ficha resumo coa memoria técnica do proxecto e da empresa ou entidade privada (anexo III), en que se especifiquen os aspectos que se recollen nos criterios de valoración das presentes bases.

Orzamento de gastos do proxecto (anexo V).

Documentación acreditativa das películas de produción galega exhibidas no período 2019-2021.

Documentación acreditativa das películas en versión orixinal galega exhibidas no período 2019-2021.

Documentación acreditativa da porcentaxe de películas de produción europea ou iberoamericana exhibidas no período 2019-2021

Documentación acreditativa da porcentaxe de películas en idioma estranxeiro exhibidas na súa versión orixinal de rodaxe no período 2019-2021.

Autoavaliación dos criterios de valoración (anexo VII).

 

Achegaranse as declaracións responsables recollidas no anexo II

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que teñan como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas e estean dadas de alta na epígrafe 963.1 do imposto de actividades económicas no momento da publicación da presente convocatoria e que sexan titulares ou posuidoras, por calquera título válido en dereito da sala ou salas de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser beneficiarias das subvencións aquelas agrupacións de titulares e/ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma, sempre que se constitúan como agrupación, todos os membros cumpran cos requisitos necesarios para obter a condición de persoa beneficiaria e designen unha persoa representante con capacidade para actuar en nome e por conta de todas as persoas titulares ou arrendatarias que conformen a agrupación.

Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas, no suposto de persoas xurídicas.

b) Estar dadas de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe 963.1, no momento da publicación da presente convocatoria.

c) Ser titulares ou posuidoras, por calquera título válido en dereito, da sala ou salas de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa definición que destes establecementos se determina no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia (punto III.1.1 do anexo).

 

2. Poderán ser beneficiarias as agrupacións de titulares e/ou arrendatarios de salas de exhibición cinematográfica situadas na Comunidade Autónoma, sempre que:

a) Presenten, coa solicitude da axuda, o documento de constitución da agrupación onde deberá constar o nivel de participación de cada membro, así como os dereitos e obrigacións.

b) Todos os membros da agrupación reúnan os requisitos necesarios para obter a condición de persoas beneficiarias.

c) Designen unha persoa representante con capacidade para actuar en nome e por conta de todos os titulares ou arrendatarios que conforman a agrupación. A dita persoa será aquela integrante da agrupación que asuma o maior compromiso de execución de gasto ou que resulte designada entre todos os membros cando a porcentaxe de execución sexa equitativa.

d) A persoa representante deberá asumir a realización dos trámites relacionados coa presentación da solicitude, o cumprimento das obrigas derivadas do outorgamento da subvención e a súa xustificación.

e) A agrupación non se poderá disolver ata que transcorresen os prazos de prescrición para o reintegro e infraccións, se é o caso, previstos nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

3. De acordo co artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise no momento da presentación da solicitude, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

 

4. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior

 

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as persoas ou entidades públicas ou privadas en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, que figura no anexo II desta convocatoria.

 

6. Non poderán acceder a estas axudas as seguintes persoas titulares ou arrendatarias de salas de exhibición:

a) Titulares de salas X.

b) As que teñan a súa residencia fiscal en países e territorios considerados paraísos fiscais no Real decreto 1080/1991, do 5 de xullo, polo que se determinan os países e territorios aos que se refiren o artigo 2 da Lei 17/1991, de medidas fiscais urxentes, e 62 da Lei 31/1990, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1991.