Plan de Marketing Estratéxico do Turismo
Co Plan de Marketing Estratéxico do Turismo de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago pretende dar un novo enfoque ao desenvolvemento turístico da cidade, para que se realice de forma sustentable e eficiente, definindo obxectivos, dando coherencia ás actuacións e funcionando, en fin, como unha plataforma de participación e consenso entre todos os axentes turísticos implicados: Concello de Santiago, Xunta de Galicia, organizacións e asociacións empresariais e sindicais, institucións culturais, relixiosas e universitarias, etc.

Sendo unha das cidades con máis recursos potenciais e mellor imaxe de España, Santiago pode converterse nun destino turístico de primeiro orde internacional, con dúas liñas estratéxicas de actuación:
- Gañar variedade, calidade e profundidade nos produtos turísticos, para mover á pernoctación na cidade.
- Aproveitando a posición xeográfica central en Galicia e as comunicacións, converterse en ‘centro de operacións’ desde o que saír a coñecer numerosos recursos próximos: cidades, pobos típicos, rías e praias, natureza, etc.
Obxectivos
- Crecemento ordenado.
- Incremento do valor engadido por unidade de produto, menor ‘fuga’ de recursos e potenciación do emprego e da economía local.
- Optimizar a rendibilidade da inversión turística pública e privada.
- Mellorar a competitividade con maior calidade e eficiencia, evitando a competencia vía prezo.
- Reforzo das sinerxías na colaboración con outros sectores da cidade: Universidade, cultura, comercio,etc.
- Preservación dos recursos naturais e patrimoniais.
- Diversificación dos produtos, para conseguir un maior aproveitamento dos recursos, unha desestacionalización da demanda, a redución do risco de dependencia de mono-produto e mono-mercado e a mellor adaptación os cambios.
- Desestacionalización, para asegurar permanencias máis longas e mellor distribuídas no tempo.
- Consolidación da a imaxe do destino turístico en consonancia coas aspiracións colectivas da cidade.
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017