• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa Aprol - Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa:
  • As cooperativas e sociedades laborais para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

Convocadas as axudas para proxectos de ordenación de montes

Os instrumentos cuxa elaboración se financie coas axudas non poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de eucalipto. Outro requisito é que só poderán solicitar a axuda aqueles montes que non dispoñan dun plan de ordenación vixente ou que teñan un pero coa condición de que estea no último ano da súa vixencia ou de que máis do 20% da súa superficie fose afectada por un incendio.

Convocadas as axudas para proxectos piloto no sector agroforestal

A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables. A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. Non se admitirán proxectos cuxa contía real de execución sexa superior a 150.000 euros. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

Terceira edición do coworking de Santiago de impulso a proxectos emprendedores

As iniciativas de coworking teñen como obxectivo prioritario acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, aumentando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polas persoas emprendedoras, neste caso de Santiago, e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.

Incentivos ás empresas de inserción laboral

A inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción laboral vai dirixida a persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social nas cales concorran un ou varios factores de exclusión relacionados neste artigo.

A situación e as circunstancias de risco ou exclusión social que determinen a cualificación dunha persoa como posible traballador ou traballadora en proceso de inserción nunha empresa de inserción laboral serán acreditadas polo Sistema Galego de Servizos Sociais.

Axudas a proxectos de formación Industria 4.0

Subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas:

a) Proxectos de capacitación nestas tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas relacionadas coa Industria 4.0:

- Robotización e robotización colaborativa
- Fabricación aditiva
- Sensórica e actuadores mecatrónicos
- Sistemas ciber-físicos
- Automatización total ou estendida

Axudas á dixitalización Industria 4.0

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.

b) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

Axudas á cooperación dixital interempresarial

Estes espazos de encontro terán necesariamente carácter presencial, aínda que poderá continuarse o contacto entre os membros do grupo e organizarse outros eventos en entornos virtuais.  Deberá ter lugar, cando menos, unha reunión mensual presencial das empresas. Esta reunión terá que documentarse en vídeo ou por escrito acompañada de fotografías. En cada espazo de encontro deberán participar persoas dun mínimo de 6 empresas distintas.