• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos

O programa de incentivos prevé unha dobre tipoloxía de proxectos baixo os cales se articulan as actividades financiables, en función da caracterización da acción formativa:

  • Liña I. Apoio para formacións xa establecidas cun programa que se identificou acorde coas necesidades da entidade beneficiaria.
  • Liña II. Apoio para a implementación de proxectos de formación a medida.

Incentivos á contratación na empresa ordinaria

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas: a) Subvención á xeración de emprego estable. b) Subvención para formación. c) Subvención para o inicio da actividade. d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Programa de emprego autónomo 2018

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as condicións definidas nas base reguladoras.

Axudas para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Tipos de proxectos subvencionables:
  • Auditorías enerxéticas Implantación sistemas de xestión
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector agrícola primario

Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0

Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, aportando a metodoloxía de traballo e asegurando a calidade do mesmo.