• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Conectapeme: apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado

Axuda: Dende un 15% ata un 80% de intensidade máxima da axuda sobre o custo subvencionable, en función do tipo de empresa e do tipo de proxecto

Os proxectos de I+D+i subvencionables ao abeiro desta convoatoria estarán en consonancia dos retos contidos na RIS3 Galicia e deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000€ e un máximo de 1.5000.000€

Subvencións a gastos de funcionamento de entidades representativas da economía social

Trátase de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral..

Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18:

  • Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.
  • Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.