• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto o prazo de solicitudes das bolsas de especialización en internacionalización empresarial

O programa, que inclúe formación práctica conxunta en Galicia e especialización sobre o terreo en catorce destinos mundiais, facilita aos seleccionados competencias na internacionalización de empresas, ao tempo que mellora a súa empregabilidade e potencia a competividade internacional das Pemes galegas.

Programa de axudas para a formación continua no ámbito dixital

Poderán solicitar axúdalas asociacións (incluíndo federacións, confederacións ou unións das mesmas), fundacións, así como sociedades mercantís que cumpran cos requisitos que se establecen nas bases.

O importe mínimo de axuda será de 40.000€, por cada beneficiario e proxecto subvencionable, asociado a cada grupo de rexións, ata un máximo de 500.000€ por beneficiario, en total. Subvencionarase entre o 50% e o 80%, e corresponderalle á entidade beneficiaria a porcentaxe restante.

Programa de incentivos á contratación e formación na empresa ordinaria das persoas mozas desempregadas menores de 30 anos

Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables:
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións cunha duración inicial mínima de doce meses realizadas con persoas mozas menores de 30 anos desempregadas.Estas contratacións deben formalizarse desde o 16 de decembro e ata o 30 de setembro de 2018.
As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas contratadas por medio do programa de bono de contratación.

Contías:
Bono contratación

Bolsas xerenciais en entidades de economía social 2018

O obxecto desta convocatoria é seleccionar cooperativas e outras entidades de economía social comprometidas e beneficiarias do programa, e incorporar nelas a persoas coa titulación axeitada para facer prácticas de apoio e mellora xerencial na mesma, durante 6 meses a tempo parcial. As persoas bolseiras contan cunha axuda mensual por desenvolver o seu labor.
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas e entidades de economía social confrontan a función xerencial. O programa é de carácter gratuíto para as entidades solicitantes.

Bolsas de Xerencia en Cooperativas do ano 2018

O obxecto desta convocatoria é seleccionar cooperativas beneficiarias do programa, e incorporar nelas a persoas coa titulación axeitada para facer prácticas de apoio e mellora xerencial na cooperativa, durante 6 meses a tempo parcial. As persoas bolseiras contan cunha axuda mensual por desenvolver o seu labor.
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas confrontan a función xerencial. O programa é de carácter gratuíto para a cooperativa.