• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

III edición da aceleradora Business Factory Auto

Nesta convocatoria, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Grupo PSA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Activo S.C.R., seleccionaranse, na fase de aceleración, ata 10 proxectos que recibirán un apoio económico de 25.000 euros de axuda a fondo perdido concedida por GAIN e 100.000 euros en préstamos participativos (50.000 euros a través de XesGalicia e 50.000 euros a través de Vigo Activo).

Axudas á creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores

Investimentos e gastos subvencionables:

a) Investimentos realizados en:

1º Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

2º Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.

3º Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.

Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

Axudas á contratación de persoal investigador en empresas e centros de investigación

Son axudas de 10.000 euros para a contratación de persoal, por un período mínimo dun ano, para realizar actividades de I+D+i, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente cualificado para o desenvolvemento de ditas actividades.