• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

17,5 millóns de euros para investimentos no rural

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente dependente da Consellería do Medio Rural, vén de convocar as axudas Leader, que contan cun presuposto de 17,5 millóns de euros para os anos 2018 e 2019. A partida total distribúese entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) que funcionan en Galicia, que serán os encargados de valorar e resolver as solicitudes de subvención. Cada GDR comarcal dispón para as axudas entre 640.000 euros -os que contan coa menor cantidade- e 991.000 euros, no mellor dos casos.

Actívase o programa Galicia Exporta para apoiar a internacionalización de máis de 300 empresas

As bases reguladoras da nova edición do programa Galicia Exporta, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro de 2017, veñen reforzar o desenvolvemento da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 e a axenda estratéxica Horizonte 2020 da Unión Europea, que buscan facer das exportacións un motor de emprego e crecemento empresarial consolidando a recuperación económica.

Obradoiro de REDES SOCIAIS II


O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 29 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.

 

Obxetivo e contido:

Repaso polas principales redes sociais e as súas funcionalidades. Actualización da formación levada a cabo na primeira metade do ano. Ampliación. Nivel II.

Análise de cada unha delas e selección das máis adecuadas en base aos obxetivos individuais. 

CEPES lanza dúas novas convocatorias de axudas do Fondo Social Europeo

A primeira, cunha dotación de 10,9 millóns de euros, é a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades de Economía Social ou á mellora da competitividade e apoio á consolidación empresarial das mesmas. Por tanto, os proxectos que constitúen o obxecto desta convocatoria son:

Novo programa de préstamos a proxectos de Industria 4.0, emprendemento e innovación.

A liña IFI Industria 4.0 apoiará especialmente investimentos centrados na denominada nova industria. Os importes dos préstamos poderán ir desde 65.000 ata un millón de euros, para cubrir ata o 65% dos investimentos en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade ou liñas de fabricación de novos produtos. Terán prioridade proxectos que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e a industria 4.0: robotización, fabricación aditiva, sensórica, sistemas cíber-físicos, automatización, conectividade, vehículos autónomos, dixitalización, big data, loxística 4.0, etc.

Adhesion de establecementos ao programa Reforma17

As axudas públicas directas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros e farán posible que as familias conten con rebaixas de ata o 40% no custo de produtos e mobiliario, grazas aos descontos paralelos que farán os establecementos. A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.