• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Servizos en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

 

O Concello de Santiago de Compostela leva colaborando coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela apoiando a creación de empresas e o autoemprego a través de programas de formación, fomento da cultura emprendedora e apoio á mellora empresarial dende a creación, no ano 2004, da Oficina de Promoción Económica municipal.
 

Quen se pode beneficiar do servizo?

  • Persoas emprendedoras.
  • Comercios e empresas xa establecidas.
  • Asociacións de comerciantes, profesionais e outras entidades.


Cómo funciona?

Calquera dos servizos ten establecido un sistema de cita previa ao que se pode acceder a través dos seguintes medios:

  • Servizo de asesoramento ao Emprendemento no enderezo electrónico emprende@camaracompostela.org
  • Servizo de Coworking  no enderezo electrónico coworking@camaracompostela.com
  • Viveiro de Empresas nos enderezos electrónicos:
    • recepcion.vivero@camaracompostela.org
    • serviciotecnico@camaracompostela.org

Para calquera outra información pode contactar no seguinte teléfono 981596800 ou no correo electrónico informacion@camaracompostela.com


Que servizos presta?

Na actualidade o Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago ofrece os seguintes servizos:

  • Información, orientación e asesoramento integral a persoas emprendedoras, comerciantes e empresarios/as en activo.
    • Emprendemento: información e orientación sobre todos os aspectos relacionados coa constitución da empresa.
    • Consolidación empresarial: acompañamento a empresas e comercios establecidos.
  • Formación: mellora da profesionalización.
    • Plan de formación continua.